Vodafone Smart 4 Mini, o novo dispositivo Android de Vodafone orientado a prepago

Vodafone Smart 4 Mini

Vodafone leva anos sendo a operadora do Estado co catálogo máis amplo de terminais Android, aos que hai que engadir os dispositivos de marca branca como o Vodafone Smart 4 Mini, a última incorporación.

Este dispositivo de gama entrada incorpora unha pantalla WVGA de 4 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1,3 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A súa cámara, traseira e única, é de 3,2 megapíxeles.

Vén con Android 4.2.2 Jelly Bean e non se especifica se será actualizado nun futuro a KitKat, aínda que imaxinamos que as posibilidades de que isto ocorra son escasas. Malia que apenas hai personalizacións, Vodafone incorpora algúns servizos exclusivos no terminal aos seus clientes, como Vodafone Cloud, Contacts e MiVodafone.

En canto a prezos, o Smart 4 Mini pódese adquirir por 0 € coa tarifa Base S, que inclúe chamadas a 0 cént/min e 600 MB por 11 €/mes, IVE incluído. Quen o escolla cos plans de prepago Vodafone Yu pode adquirilo por 49 € (xa clientes) ou 79 € con 20 € de saldo (novos clientes).

Sobre o autor

Reply