Foursquare preanuncia unha nova aplicación: Swarm

swarm

De seguro que a meirande de vós coñece Foursquare. Simplificando moito poderíamos dicir que se trata dunha aplicación que nos permite compartir coas nosas amizades a nosa ubicación, a través dun sistema de checkins, e descubrir novos lugares, podendo deixar as nosas impresións sobre os mesmos.

Esta tarde a compañía anunciou que está a traballar nunha nova aplicación que verá a luz nas próximas semanas: trátase de Swarm, que estará focalizada na localización, fronte a Foursquare, que será onde descubriremos novos lugares.

A idea vén porque desde Foursquare viron que, malia compartirmos a nosa ubicación cos checkin, á hora da verdade seguimos escribindo ás nosas nosas amizades por outras vías (léase WhatsApp ou similares) para saber onde están. Isto poderemos facelo con Swarm, que ademais fará máis sinxelo que na actualidade a compartición do que estamos a facer, o que nos fai pensar que será algo máis parecido ao antigo Latitude de Google.

En canto a Foursquare, os cambios estarán orientados a mellorar a busca local, facendo que a información que nos amose a aplicación sexa totalmente personalizada, adaptada aos nosos gustos e atendendo ás recomendacións das persoas que nos inspiran.

Podedes pre-rexistrarvos para que vos avisen cando estea lista nesta ligazón.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply