Her é un filme que narra a historia dun home que namora dun sistema operativo, dun asistente virtual como podería ser Google Now. Mais Her é tamén un filme que todo frikiño ou frikiña debera ver nalgún momento da súa vida… e en versión orixinal.
Se quedaches conmovido con esta longametraxe e o sistema operativo “encarnado” pola voz de Samantha, agora podes personalizar o teu Android coa mesma estética, seguindo estas instruccións.
O primeiro de todo é dispór dun launcher (como Nova, Go ou ADW, por exemplo) e descargar este fondo de pantalla. Así mesmo, instalaremos un pack coas iconas brancas, coma este; tamén esta outra aplicación.
Se ademais tamén queremos mudar a animación de inicio (opcional) teremos que instalar Boot Box e o zip da animación.
Chegados a este punto, é o momento de comezar cos axustes para acadar a nova interface. Deberemos seguir os pasos que datallamos a continuación:
- Configurar o Launcher cunha grella 6 x 5.
- Sustituír as iconas que queiramos coas do pack que descargamos.
- Establecer o fondo de pantalla que vos facilitamos.
- Activar Immersive Mode para ocultar a barra de notificacións.
Quen queira tamén mudar a animación de inicio debe ir a Boot Box e comprobar se o seu terminal é compatíbel coa instalación de animacións personalizadas. De ser o caso, instalarase o zip da animación. Listo!
Que vos parece? Gústavos este aspecto minimalista?