Primux Tech anuncia outros dous novos terminais: Zeta 2 e Beta

A semana pasada o fabricante ourensán Primux Tech anunciou Kappa, un terminal que destaca pola boa combinación de prestacións e prezo. Mais esta non vai ser a única aposta desta empresa galega de cara a campaña de verán, xa que vén de anunciar dous novos dispositivos: o Zeta 2 e a phablet Beta.

primux zeta 2

O Zeta 2 está orientado aos usuarios que queren disfrutar de moito contido nos seus trebellos, xa que incorpora unha pantalla de 5 polgadas (540 x 960 píxeles) e tecnoloxía IPS/OGS. O seu procesador é de catro núcleos a 1,3 GHz. Ten 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB extra. As súas cámaras son de 8 e 1,2 megapíxeles e vén con dúas baterías de 1900 mAh para garantir a autonomía. Trae Android 4.4 KitKat, a última versión de Android dispoñíbel.

primux beta

Doutra banda, pensando nos usuarios de phablets, o Beta integra unha gran pantalla IPS de 6 polgadas (960 x 540), procesador dual core a 1,3 GHz, 1 GB de memoira RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. Ao igual ca no Zeta 2, as súas cámaras son de 8 e 1,2 megapíxeles. A batería é de 2100 mAh e vén con Android 4.2.2 Jelly Bean.

Ambos trebellos teñen capacidades dual SIM, polo que poderemos empregar dúas liñas de móbil diferente sen ter que andar cargando con dous trebellos separados.

Poranse á venda nas próximas semanas, aínda que polo de agora non coñecemos os seus respectivos PVP. Malia todo, podemos adiantar que o Zeta 2 incluirá protector de pantalla e funda flip-cover no pack de venda.

Sobre o autor

No Responses

Reply