Sherpa anuncia Next, o Google Now de Bilbao

A bilbaína Sherpa vén de anunciar, co gallo do Sherpa Summit, que nas próximas semanas actualizarán a súa aplicación de asistente persoal Sherpa a un novo nível. Será Sherpa Next e o seu obxectivo é converterse nunha especie de unión entre Siri e Google Now.

sherpa

A idea que subxace deste proxecto é mellorar o buscador que acompaña ao asistente, para o cal están a traballar para que entenda non só palabras, senón os conceptos. Así, cando busquemos información dunha cidade sairanos a poboación, o tempo, cousas interesantes que facer nela e outra información de utilidade.

A voz será, como até agora, chave para facerlle preguntas á aplicación; neste senso, non teremos que memorizar comandos nin palabras tipo, senón que poderemos empregar a linguaxe natural: cantos anos ten Mick Jagger? O obxectivo é que os usuarios accedan rapidamente aos resultados das buscas coa información concreta que precisan, algo moi semellante ao que fai Google Now coas súas tarxetas.

A parte do asistente persoal de Sherpa non mudará moito na nova versión, aínda que agora mellórase cunha nova capa de busca. Onde si hai novidades é no plano estético, apostando polo HTML5 para a súa interface modular, co que conseguen unha mellor experiencia móbil cun deseño que se adapta ao tipo de contido amosado.

Destaca tamén Today, a pantalla de inicio que se anticipa ás necesidades de información dos usuarios, presentando nunha liña de tempo as actividadedes do día, a previsión do tempo, novas relevantes e resultados deportivos. Todo ilo sen que teñamos que facer nada, baseándose nas buscas que fixéramos previamente.

Sherpa Next comezarase a probar en forma de beta privada nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply