LG fai público un vídeo promocional do G Watch

O vindeiro 27 de maio temos unha cita con LG, onde coñeceremos o LG G3 mais tamén, con toda probabilidade, o primeiro smartwatch da compañía coreana. Falamos do LG G Watch, un dispositivo do que practicamente coñecemos todas as súas características e que será o primeiro en usar Android Wear.

lg g watch branco negro

Por se non tivéramos datos abondos, LG vén de habilitar un microsite sobre este produto onde podemos ver diversas imaxes e o vídeo que abre este artigo, no que se amosa con todo luxo de detalles. Así mesmo, confírmase que estará dispoñíbel en dúas cores, branco e negro, que será resistente á auga e que a súa pantalla estará acendida permanentemente.

Que vos parece? Será o LG G Watch o voso próximo smartwatch?

Sobre o autor

Reply