Comeza a distribución da LG Lifeband Touch

lg lifeband touch

Con bastante retraso comeza a distribución da LG Lifeband Touch, a pulseira intelixente de LG presentada no CES de Las Vegas e que puidemos probar no Mobile World Congress. Trátase do primeiro wearable desta compañía que ten como principal obxectivo cuantificar a nosa actividade física diaria.

A Lifeband Touch permítenos levar a conta dos pasos dados, calorías queimadas e horas de sono, aínda que inclúe algúns elementos diferenciadores sobre outros produtos semellantes. Quizáis o máis destacado é que vibra cando separamos a pulseira do móbil, unha función moi interesante para os que estamos acostumados a ceibar os smartphones na mesa en calquera lugar.

Desde o domingo poderase mercar nos EEUU, e nas próximas semanas chegará a Europa. Aínda que non hai prezo oficial no noso País, falábase de que rondará os 120 euros.

Sobre o autor

Reply