Foursquare, TripIt e OpenTable chegan a Google Glass

Foursquare_vignette.png

Aínda que se están a desenvolver numerosas aplicacións para as Google Glass, poucas chegan a MyGlass, a Play Store destes lentes intelixentes, pois teñen que pasar un estrito control de calidade para que a experiencia sexa a que pretende a compañía do buscador para este dispositivo.

Hoxe vense anunciar a incorporación de novo glassware, concretamente tres aplicacións relacionadas coas viaxes: TripIt, Foursquare e OpenTable.

TripIt é un curioso organizador de viaxes, que logo de termos feitas as diferentes reservas organiza todo nun itinerario que xunta todo o importante, ademais de crear un calendario ordeado do que temos que facer. Neste vídeo explícase moi ben como funciona:

Pola súa banda OpenTable é unha das guías de restaurantes máis completas que nos permite facer reservas en liña se hai sitio libre, para que non teñamos que perder o tempo en engorrosas chamadas.

waterbar-vignette

Finalmente, Foursquare é a aplicación coa que seguramente esteamos máis familiarizados por estes lares, que nos permite compartir a nosa ubicación coas nosas amizades, accedendo tamén a información e valoración dos lugares que outras persoas fixeron anteriormente. Malia todo, Foursquare está a piques de dividir a aplicación en dúas, Swarm e Foursquare, a primeira centrada nos checkins e a segunda orientada a guía como tal.

Sobre o autor

Reply