¿Por qué en gallego?

Bnn0MLYIYAEOzYO

Aló no 2009, cando puxemos en marcha Mallando na e-ira, abrimos cunha primeira entrada na que, sen pensalo, respostabamos a unha pregunta tristemente habitual cando alguén fai algo na nosa lingua: ¿por qué en gallego?

Nós falamos galego, e facemos un blog en galego, porque nos peta e nos dá a gana; porque é a lingua do noso País, por moito que desde as Institucións públicas pouco (ou nada) se faga pola súa protección e posta en valor. Porque é o idioma que empregamos no noso día a día e entendemos que é o normal.

Queda moito por facer para que a nosa lingua teña presenza en todos os ámbitos, especialmente no eido tecnolóxico, onde malia termos celebrado significativos avances nas últimas datas temos que seguir traballando arreo e colectivamente para que se materialicen.

Fagamos que todos e cada un dos días do ano sexan Días das Letras Galegas. Un paso adiante e outro tamén adiante.

Sobre o autor

Reply