Analizamos o Sony Xperia E1

No mercado de trebellos con Android adoitamos fixarnos nos principais terminais dos fabricantes que son case sempre os máis caros. Por iso hoxe queremos achegarvos a nosa opinión dun pequeno descoñecido para a maioria e destidanado para un grupo moi concreto de consumidores. O terminal do que vos estamos a falar é o Xperia E1.

DSC03417

Das súas especificacións queremos destacar un procesador Snapdragon dual-core a 1.2 ghz, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna, dos que o usuario dispón de aproximadamente 2 GB. Con este hardware podemos afirmar que, agás lagueos puntuais, o terminal responde ben e debemos engadir que o Xperia E1 está nos plans de Sony para recibir a actualización ao longo deste ano de Android 4.4 Kit Kat co que agardamos que o seu rendemento, sendo bo, mellore.

Deseño, acabado, conexións.

O terminal nin destaca polos materiais elixidos para a súa a construcción (plástico) nin pola súa delgadez pero aínda así resulta cómodo cando o temos na man, podendo manexalo cunha soa. Estes materiais de construcción non evita que o seu deseño nos recorde ao Z1 Compact, o que fai do pequeno da familia un terminal bastante bonito.

Na parte superior atopamos a conexión mini jack de 3.5 e un botón adicado exclusivamente á aplicación de música para comezar ou parar a reproducción. No lateral dereito temos o botón de encendido e subir/baixar volumen e o conector micro USB para a carga está no lateral esquerdo. Ademáis conta cunha tapa traseira que retiramos para aceder á batería e así poderemos ter unha de reposto.

Na traseira queremos destacar a presenza dun gran altofalante que pode reproducir sonidos cunha potencia que chega até os 100dB. Malia estar situado na parte traseira, cando apoiamos o terminal sobre unha superficie este potente altofalante permite que o son se escoite ben.

DSC03429

No apartado de conexións non debemos agardar nada máis aló do WiFI, GPS e Bluetooth 4.0, algo normal xa que estamos a falar dun terminal de gama baixa. Ademáis conta cun LED de notificacións que sempre é de agradecer.

Pantalla.

Atopamos unha pantalla con tecnoloxía TFT de 4″ cunha resolución de 480×800 nada que nos impresione hoxe en día, pero o que é certo e que en exteriores con moita luz esta pantalla vese moi ben.

Sistema operativo e software.

A versión de Android co que se está a comercializar este Xperia E1 e Jelly Beam 4.3 coa tradicional capa de personalización de Sony, Xperia IU que sempre lle aporta valor, mellorando a experiencia de usuario.

DSC03421

Queremos destacar que este terminal recupera un botón adicado expresamente para a coñecida aplicación de Sony Walkman. Ademáis de que a aplicación permite a xestión e reproducción da nosa música favorita dun xeito moi práctico e atractivo.

Cámara.

Neste Xperia E1 atopamos unha única cámara principal na parte traseira de 3 megapíxeles, sen flash, que ademáis permite gravar a 720p. Agora ben, este é o punto máis decepcionante do terminal xa que os resultados obtidos pola cámara non ofrecen un mínimo de calidade para estes tempos, sobre todo se temos en conta que Sony destaca pola calidade das súas opticas. Non importa se a foto está feita en modo manual, modificando parámetros ou automático xa que nos dous casos os resultados son malos.

DSC_0018

Batería.

A batería é de 1700 mAh e ofrece un rendemento moi satisfactorio. Probando a cámara intensamente, xestionando redes sociais, actualizando aplicacións, mensaxería… conseguimos unha autonomía de case 32 horas cunha carga completa. Ademáis o terminal conta cun modo de aforro chamado “Stamina” moi configurable para poder decidir que apps apagar para non consumir enerxía cando a pantalla está apagada co que podemos alongar a duración da batería se é que o precisamos.

Screenshot_2014-05-12-10-44-13

Screenshot_2014-05-15-12-28-22

Conclusións.

Pensamos que o Sony Xperia E1 e o terminal ideal para todos aqueles que precisen xestionar redes sociais, envíar/recibir emails, mensaxería ou consumo multimedia esporádico xa que a pantalla non é moi grande.

Tamén queremos lembrar a boa autonomía que nos proporcina este terminal e destacar o son mellorado co sistema xLOUD de Sony e a inclusión de ClearAudio+ e Clear Bass, conseguindo unha calidade propia de terminais de gamas superiores.

Con todo o comentado, pensamos que é o terminal axeitado para un grupo de consumidores pouco exixente, que buscan unha marca de garantías e que non desexa facer un gasto importante nun terminal. Podemos atopar este terminal libre por un prezo aproximado de 120 euros.

Sobre o autor

Reply