Wiko presenta Bloom, o seu novo terminal

Wiko_BLOOM_pink_compos1

Wiko vén de anunciar un novo terminal orientado ao público xuvenil, o Wiko Bloom, un dispositivo que incorpora a última versión dispoñíbel de Android (4.4 KitKat) e que chega en 7 cores diferentes (negro, branco, coral, azul turquesa, fucsia, violeta e amarelo flúor.

Seguindo coa tendencia de termos smartphones grandes, o novo Bloom integra cunha pantalla de 4,7 polgadas (480 x 800), á que dá vida un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz e 1 GB de memoria RAM. A memoria interna é de 4 GB, ampliábeis por microSD en 32 GB extra.

wiko bloom

No apartado multimedia, conta con dobre cámara, a principal de 5 megapíxeles con gravación en Full HD 1080p, mentres que a frontal é de 2 megapíxeles. Dispón ademais de espazo para dúas tarxetas SIM

O Wiki Bloom estará á venda o 28 de maio por 129 €, un prezo moi competitivo nunha gama cada vez máis en auxe.

Sobre o autor

Reply