Análise do Nokia X, o primeiro terminal con Android de Nokia

20140523_100235

A principios de ano, coñecemos no Mobile World Congress de Barcelona unha arriscada aposta da man de Nokia – Microsoft: aló presentaron a familia de terminais Android composta polos Nokia X, o Nokia X+ e o Nokia XL.

En Barcelona só foron presentados, onde puidemos facernos cunha unidade para publicar unha análise de urxencia; porén, aproveitando a súa posta á venda no noso País quixemos facer unha análise máis completa.

Antes de nada cómpre sinalar que é un terminal baseado é Android ao que se lle suma unha capa de personalización que nos recorda moito á interface de Windows Phone.

2014-05-15 21.15.25

Como ben estades a supoñer ao ter base Android, podemos instalar todas aquelas aplicacións compatibéis desde a Play Store e se cadra, neste punto é onde atopamos a súa principal eiva: o terminal está pensado para ser desfrutado usando a tenda de Nokia xa que para poder instalar a Play Store (non vén con ela instalada) temos que rootear o terminal e seguir estes pasos.

A priori esta é unha eiva para moitas e moitos usuarios, non tanto pola dificultade, xa que o proceso é tremendamente sinxelo, senón polo medo a danar o dispositivo ou non saber como actuar no caso de que aconteza algún imprevisto durante o proceso.

Pois ben, máis que nos pese a experiencia sen poder usar a tenda de Google é moi deficiciente xa que na tenda de Nokia a día de hoxe atopamos importantes ausentes. Non está Whatsapp, Gmail, Instagram, nin Youtube, por exemplo. Temos que recoñecer que a aplicación por defecto para xestionar o correo funciona ben, pero non é ao que estamos afeitos e votamos en falta a oficial de Gmail. Pero no caso de Whatsapp non temos alternativas para usar esta aplicación (por exemplo, temos Telegram, pero igual os nosos coñecidos non a usan) e iso a día de hoxe é un problema para moitos.

Isto é o que nos atopamos cando facemos a búsqueda na tenda de Nokia de duas aplicacións importantes para nós, nin rastro das aplicacións oficiais.

2014-05-18 13.28.35

2014-05-18 13.33.46

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixando estes puntos claros que condicionan bastante a usabilidade, imos pasar a analizar o terminal punto por punto como adoitamos facer.

Deseño, acabado e conexións.

Atopamos un terminal cos ángulos moi marcados no que o material elexido para a súa construcción foi o plástico e está dispoñíbel até en 6 cores diferentes.

Destacamos a pouca cantidade de botóns físicos ou táctiles que ten este terminal. Na parte superior temos o conector jack 3.5 mm. O lateral esquerdo é totalmente liso, e á dereita temos o botón de on/off e máis o de volume. O conector mini usb está na parte inferior. Na traseira atopamos a cámara principal e o altofalante. Na parte frontal temos un único botón táctil que cunha pulsación sinxela, serve para ir atras nunha pantalla e cunha pulsación longa volvemos ao escritorio.

Temos que engadir que votamos moito en falta un led de notificacións.

No apartado das conexión non temos que destacar moito xa que é un terminal moi axustado en prezo polo que non agardamos atopar nin NFC, DLNA,.. só contamos con conexión 3G e Bluetooth e como punto ao seu favor, conta con dous slots para as micro sim e outro para unha tarxeta microSD de até 32 gigas.

Pantalla e hardware.

O Nokia X ten unha pantalla de 4″ cunha resolución de 480×800 que nos ofrece 233 pppi cun resultado satisfactorio respecto á competencia. Tamén destacamos que en situacións de moita luz a pantalla co brillo ao máximo vese ben.

Pola contra, a resposta táctil da pantalla é decepcionante. En moitas ocasións prememos unha aplicación ou outro botón e teremos que repetir xa que o terminal non recibe a nosa orde, polo que nalgúns momentos a experiencia de ususario vese mermada sun xeito importante. Tampouco é funcional a opción de “espertar” o terminal cun toque dobre na pantalla como presentou LG no seu G2 o ano pasado,  xa que falla moito e mesmo nalgúns momento non funciona.

En canto ao hardware destacamos o procesador Smapdragon S4 dual core a 1 GHz, 512 MB de RAM e contamos con 4 GB de memoria interna dos que o usuario dispón de aproximadamente 1,3 GB.

Sistema operativo e software.

En canto a sistema operativo destacamos que a base empregada é o núcleo (AOSP) de Android 4.1 Jelly Beam aínda que non atoparemos nada que nos recorde a Android.

2014-05-18 13.36.15

O sistema de notificacións que se cadra é o que máis novidoso para un usuario de Android. Se usamos o terminal e recibimos unha mesaxe do tipo que sexa o que veremos será unha ventana emerxente avísandonos, e para ver en profundidade a mensaxe teremos que sair ao escritorio e desprazar á dereita ou esquerda para chegar ao xestor das notificacións chamado Fastlane.

Ademáis se o terminal ten a pantalla apagada e recibimos unha notificación, só teremos que acender a pantalla, e sobre a notificación desprazamos cara a dereita accederemos á tenda de aplicacións para ver con máis detalle que aplicacions foron as actualizadas, como podedes ver no noso exemplo.

2014-05-20 09.08.58

Outro punto no que destaca Fastlane é que é moi configurábel e podemos seleccionar dunha longa listaxe que aplicacións ou non son das que queremos recibir notificacións.

2014-05-19 21.56.58

Neste apartado tamén queremos destacar a aplicación da alarma que na nosa opinión, destacan polo un deseño cheo de cor que o fai moi atractivo visualmente.

2014-05-18 13.18.05

2014-05-18 13.18.22

Cámara.

A única cámara da que dispón o terminal atopámola na parte traseira e ten un sensor  3 mpx sen flash que nos permite facer fotos de até 2048 x 1536. Pero pouco máis podemos dicir, xa que a cámara é puramente testimonial. O resultados non son bos, algo ao que xa nos estamos acostumando cando analizamos un terminal de gama baixa e pensamos que, xa que non conta cun cámara frontal, pois poderían investir un pouco máis na traseira o que sería un punto a favor para diferenciarse da competencia.

IMG_20140517_174459 bis

 

Batería.

Nokia decidiu colocar unha batería extraíbel de 1500 mAh que nos da unha autonomía interesante. Exclusivamente con usando wifi dispoñemos dunhas 49 horas cun uso medio e se nos conectamos a unha rede 3G teremos unhas 30horas cunha carga completa tamén cun uso medio.

Screenshot_2014-05-20-11-00-18

Conclusións.

Chegado este punto temos sensacións contrapostas, e dicir, por unha banda vemos que é un terminal cun hardware xusto en moitos aspectos e un software pouco fluído que amosa que aínda queda moito traballo por facer. Pero isto é o que nos gusta, ábrese un camiño por parte de Nokia polo que pensamos que vai seguir camiñando xa que recentemente tivemos novas sobre a posibilidade de que se esteña a cociñar un Nokia X-2.

Agora ben, se a vosa pregunta é se comprades ou non unha unidade do Nokia X diríamos que de ningún xeito sen rootealo e instalando as aplicación da tenda de Google, e aínda fancéndoo pensamos que neste abano de prezos no que se move o Nokia X hai mellores opcións como pode ser o Moto E.

Podedes atopar este terminal por un prezo en España de 109€ aínda que o prezo anunciado por Nokia fora de só 89€.

About The Author

No Responses

Reply