Samsung levará Tizen ao Galaxy Gear

Malia que o Galaxy Gear orixinario, presentado durante a IFA de Berlín do ano pasado, empregaba Android, a sorpresa chegou no MWC ao descubrirmos que a seguinte versión do smartwatch de de Samsung facía uso de Tizen, un sistema operativo polo que parece querer apostar o fabricante coreano na súa sección de wearables.

As dúbidas chegaron coa aparición de Android Wear, unha pequena modificación de Android que, como o seu propio nome indica, está pensada para os dispositivos wearables como reloxos de pulso, lentes intelixente e practicamente calquera prenda intelixente de vestir. Apostaría Samsung por este sistema operativo para os seus propios trebellos?

galaxy-gear-2-ofi

Pois semella que non, a lo menos polo de agora. Segundo as últimas informacións Samsung estaría a piques de actualizar os Galaxy Gear a Tizen, o que os convertiría nos primeiros trebellos Galaxy en perder Android, como podedes ver no vídeo que abre o artigo.

Haberá que agardar aos movementos deste fabricante para os póximos meses; polo de agora podemos facernos co Gear 2 Neo negro por pouco máis de 200 euros, un prezo bastante atractivo para un dispositivo cuxas características completas podedes comprobar aquí.

Sobre o autor

Reply