Space Cow, outro xogo para os nosos tempos mortos

Estes días estivemos a probar un novo xogo baseado no xa mítico Flappy Bird chamado Space Cow, no que a protagonista desta volta é unha “vaca galáctica” chamada Spot. Malia estar baseado en Flappy Bird, este xogo ten una dificultade perfectamente asumíbel que fai que teñamos unha mellor experiencia de xogo polo que podemos desfrutar del durante máis tempo.

Na primeira fase, o obxetivo é evitar os meterioritos, naves espaciais e demáis obstáculos ao mesmo tempo que tentamos coller todas as estrelas posibéis para acabar a fase co máis número de puntos.

2014-05-30-10-35-52

A segunda fase é moi diferente, temos unha columnas de meterioritos que ocupan toda a pantalla cun pequeno espazo polo que ten que pasar  Spot, e se non o fai, perdemos e teremos que volver ao comezo non da fase se non do xogo.

2014-06-02-08-33-39

A lóxica do xogo é basicamente a que vos acabamos de contar que podemos resumir en que é  un xogo sinxelo, divertido e sen unha dificultade excesiva, características que fai que sexa unha opción mentres agardamos polo bus ou por un amigo que se retrasa.

Space Cow, dos desenvolvedores Mapache Apps, está á vosa disposición na Google Play dun xeito totalmente gratuito.

Sobre o autor

Reply