Leva ao Borbón de vacacións con “Juancar se va a Benidorm”

Non pasou moito tempo dende que se anunciou a abdicación de Juan Carlos I para que apareza un xogo relacionado co tema que está tan de actualidade, chamado Juancar se va Benidorm.

Screenshot_2014-06-08-00-55-49

O xogo e moi sinxelo, nun primeiro momento vese como como a raíña no que adiviañamos é un bus do IMSERSO, mentres que o rei ou perde o bus ou, encaixando máis co seu caracter, pensaría: pois eu vou na cabra da lexión.

Neste punto é onde comeza o xogo no que vemos a un rei nas costas da cabra percorrendo o camiño até Benidorm, camiño cheo de impedimentos como poden ser un home cunha bandeira republicana ou outro cunha catalana independentista pero o que máis destaca e que tamén aparece a figura de Pablo Iglesias, líder de Podemos.

2014-06-08-08-46-16

Todos estes atrancos ten que evitalos saltándoos, dando un toque na pantalla. Se non o fai, chocamos e perdemos o xogo.

Screenshot_2014-06-08-00-55-12

Tamén debemos dicir que non todo son problemas no camiño, se non que de cando en cando, o rei atópase no camiño coa constituación de La Pepa.

O xogo comeza cun ritmo lento que nos permite evitar os atrancos de forma sinxela, pero co paso dos minutos, este ritmo vaise acelerando até facer case imposíbel o salto entre obstáculo e obstáculo co que rematamos perdendo case dun xeito inevitábel.

Pensamos que o mellor do xogo non é tanto se é doado ou non xogar, se non o punto humorístico que o xogo desprende dende o comezo sobre un tema de tanta actualidade .

E vós.. levariades convosco a Juancar de vacacións 😉 ? O xogo está á vosa disposición dun xeito totalmente gratuito na Google Play.

Sobre o autor

Reply