LG desvela a súa nova serie de tablets G Pad: 7, 8 ou 10 polgadas

lg g pad serie

LG quere aumentar as opcións aos usuarios de tablets con tres novos modelos que se suman á G Pad 8.3 que xa analizamos, que completan unha serie en diversos tamaños de pantalla: 7, 8 e 10 polgadas.

Todas elas comparten a mesma resolución de pantalla, 1280 x 800 píxeles, aínda que obviamente a densidade de píxeles variará pola diferenza de tamaño desta entre os diferentes modelos. Así mesmo, comparten procesador SnapDragon 400 a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e a posibilidade de ampliar a memoria interna a través de tarxetas microSD.

lg g pad serie 2

A máis pequena contará con 8 GB de memoria interna, batería de 4000 mAh e dobre cámara, a principal de 3 megapíxeles e a frontal de 1,3. Pola súa banda, tanto a de 8 como a de 10.1 polgadas terán 16 GB de almacenaxe e cámaras de 5 e 1,3 megapíxeles, aínda que a batería será de 4200 mAh na de 8 e de case o dobre, 8000 mAh na máis grande.

En canto a software, sairán á venda con Android 4.4.2 KitKat personalizado coa interface de LG, que engade característica como QPair 2.0, Smart Keyboard ou o KnockCode.

A LG G Pad 7 e a LG G Pad 8 estarán dispoñíbeis en catro cores, branco, negro, azul e laranxa, mentres que a LG G Pad 10 en branco ou negro. Polo de agora descoñécense os prezos, aínda que se temos en conta a estratexia que está a seguir o fabricante surcoreano poderíamos pensar que serán contidos.

Sobre o autor

Reply