O GDG de Vigo organiza un ano máis o Google I/O 2014 Extended

google io extended vigo

O 25 e 26 de xuño celébras en San Francisco o maior evento de desenvolvedores que realiza anualmente Google, o Google I/O, que este ano estará moi focalizado en Android Wear, a variación de Android orientada aos dispositivos wearables, aínda que a axenda é moito máis completa.

Coincidindo coa sesión inaugural, desde o GDG Vigo organizan un ano máis o I/O Extended, que terá lugar nas instalacións do Club Financiero de Vigo a partir das 16h. A sesión comezará cun Codelab de Android Wear a mans de Saúl Molinero, e continuará ás 18h coa retransmisión da keynote.

Toda a información está dispoñíbel neste evento.

Sobre o autor

No Responses

Reply