Fnac amplía a súa gama de smartphones de gama branca

Smartphone Fnac_4.5_compo

A distribuidora de produtos culturais e electrónica Fnac vén de anunciar a renovación da súa gama de smartphones de gama branca con dous novos membros de 4 e 4,5 polgadas: xuntos constitúen a serie Fnac Smartphone 2.

As especificacións de ambos dispositivos, deixando de lado o tamaño das súas pantallas, son practicamente as mesmas, pasando por un procesador Quad Core Cortex A7 a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD (veñen cunha tarxeta de 32 GB incluída). Ademais dispoñen de ranura dobre SIM e contan coa versión 4.4 de Android, KitKat.

fnac

As diferenzas entre ambos dispositivos atopámolas na capacidade das súas baterías e nas súas cámaras frontais. Así, a versión de 4 polgadas vén con batería de 1700 mAh e cámara frontal de 2 MP, mentres que máis grande dispón de 2150 mAh e 5 MP, respectivamente. No caso da cámara principal, en ambos casos ten un sensor de 8 megapíxeles.

A serie Smartphone 2 de Fnac comercializarase en dúas cores, branco e negro, por 129,99 € (4 polgadas) e 149,99 € (4 polgadas). Estarán dispoñíbeis a partir do 30 de xuño, mais xa se poden reservar nas tendas físicas, como a da Coruña, ou a través da súa web.

Sobre o autor

Reply