[Opinión] Un mes cun LG G2 (vindo dun Galaxy Ace)

Recentemente veño de renovar un antigo e moribundo Galaxy ACE que tiña case case 3 anos por un LG G2.

ace

Non podo se non que afirmar que calquera terminal melloraría ao ACE, pero con todo teño que recoñecer que para o malo que saiu, eu non me podo queixar até os últimos dous meses que si comezou a facer cousas raras, sendo o límite foi quedar sen cobertura ao rematar unha chamada e ter que reiniciar. Tamén e certo que o último ano de uso foi cunha ROM cociñada que lle deu unha segunda xuventude.

LG-G2-VISTA-FRONTAL-Y-TARSE

Agora ben, levo aproximadamente un mes co G2 e non teño palabras. Si, non son comparabéis xa que pertencen a dúas gamas moi dirente,s e se me apuras, até épocas diferentes: internamente pouco ten que ver Android 2.3.6 (ACE) con Android 4.4.2 (G2)

A clave de todo non está no que fai o G2 que non fixera o ACE se non como fai esas tarefas. A velocidade para abrir aplicacións, instalar apps de a Play Store, o tempo no que o terminal acende e carga o escritorio, … Todo o fai más rápido, o cal para min polo menos, máis rápido implica directamente mellor: para que agardar (perder tempo) cando segundo con que trebello podémolo facer xa?

Comparando con outros terminais de gama baixa que probei nestes meses como o Nokia X, Xperia E1 e bq Aquaris 4.5, estes dous últimos melloran notablemente o rendemento do ACE, como non pode ser doutro xeito, e poden ser opcións perfectamente válidas para moitos usuarios. Pero non é así, toleamos por ter o último-modelo-carísimo aínda que o teñamos infrautilizado pero así poderemos fardar cos colegas. Somos así.

Pois ben, aínda sendo terminais que cumplen (E1 e Aquaris 4.5) cando empregas no día a día un gama alta que ademáis podemos situar entre os mellores terminais dun ano concreto, como é o G2, a diferenza nótase, e nótase moito. A calidade da pantalla, o rendemento, a autonomía son puntos no que destaca claramente sobre o resto e facilita moito o traballo, poder empregar un terminal así.

Captura de pantalla de 2014-06-12 13:10:56

Non falo da cámara porque para min, é unha opción secundaria por varias razóns:

  • Nun terminal, non emprego a cámara acotío polo tanto só pido un mínimo de calidad para o ano no que estamos.
  • Buscar unha boa cámara, encarece moito o prezo final dun terminal e nunca deixará de ser unha cámara dun móbil e para min é máis importante o rendemento e a pantalla, por exemplo.
  • Se nos gusta moito a fotografía penso que o que teremos que facer é que mercar unha reflex e desfrutar da nosa afección.

Para rematar direi que aínda sendo un terminal que xa leva case 1 ano no mercado, é unha compra totalmente recomendábel tanto pola calidade do terminal como polo prezo ao que o atopamos hoxe en día, ao redor de 330€ en moitas tendas online.

Sobre o autor

2 Comments

  1. pintafontes 2 Setembro, 2014 Responder
    • Álvaro M. Souto 2 Setembro, 2014 Responder

Reply