As Google Glass chegan a Europa: xa dispoñíbeis no Reino Unido

Logo de moitos meses esperándoas, o programa Explorers das Google Glass chega por fin a Europa, aínda que polo de agora só está dispoñíbel no Reino Unido, onde xa se comercializan por 1000 libras, que veñen a ser uns 1250 € ao cambio.

google glass faro de vigo

As Google Glass, que xa aparecen na Play Store, tamén serán presentadas nun hands on en Londres (os días 27 e 28 de xuño) ao que pode acudir quen quixer, previo rexistro nesta ligazón.

google glass marco

O anuncio coincide coa chegada dun novo partner de monturas, DVF, que se suma a Rayban e Oakley. Neste caso, o prezo sube a 1800 dólares (uns 1320 euros), e xa se poden mercar a través da páxina web da firma.

Seguirá a expansión das Google Glass polo resto de Europa? Agardamos que haxa novas neste senso durante o Google I/O que empeza en dous días. Se aínda non coñeces este futuríbel produto, recomendámosche que te pases pola nosa análise.

Sobre o autor

No Responses

Reply