Desvélanse as especificacións do Samsung Gear Live con Android Wear antes do I/O

gear fit

NOTA: a imaxe é o Gear FIt, NON o novo Gear Live

Tras os anuncios de LG e Motorola cos seus respectivos reloxos, Samsung move ficha desvelando que mañá durante o I/O presentará o seu smartwatch con Android Wear, a versión lixera de Android orientada á tecnoloxía vestíbel. Falamos do Samsunh Gear Live.

As súas especificacións inclúen unha pantalla Super AMOLED de 1,63 polgadas e resolución 320 x 320, procesador a 1,2 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna. Ademais dispón de certificación IP67 que o fai resistente á auga e suciedade, medidor de pulso cardíaco e batería de 300 mAh.

A súa comercialización está prevista para o 7 de xullo, mais para coñecer o seu prezo e ter imaxes vai haber que agardar a mañá, cando Samsung desvele toda a información oficial.

Vía

Deixa un Comentario