Estes son os agasallos do I/O 2014

Na previa do que é o acontecemento do ano para os seguidores de Google, xa falamos dos agasallos que adoitan dar aos asistentes ao Google I/O que neste ano foron os seguintes:

Moto 360.

Captura de pantalla de 2014-06-25 18:20:02

Este wearable que nos namorou polo seu coidado deseño cando foi presentado tempo atrás, foi outro dos agasallos deste ano do que agora sabemos que vai saír ao mercado este verán. O prezo aínda é descoñecido e será enviado aos asistentes cando saia á venta.

Ademáis, a maiores terán que elixir entre un LG G Watch ou un Samsung Gear Live, dos que xa tedes toda a información nesta ligazón.

lg g watch

O bó destas dúas unidades é que non é preciso estar na conferencia de desenvolvedores de San Francisco para facerse con eles, se non que poderémolos mercar na Play Store proximamente.

Non poderán quedar cos tres, pero levarán dous dos principais gadgets que levan o novidoso Android Wear no seu interior. Se vós tivérades que elixir, con cal quedaríades?

Sobre o autor

Reply