Máis detalles sobre Android Wear

android wear

Aínda que Android Wear foi presentado hai xa uns meses, até hoxe non puidéramos ver unha completa demo do seu funcionamento e, o máis importante, os primeiros dispositivos en empregar esta versión lixeira de Android orientada á tecnoloxía de vestir.

Facendo uso dun LG G Watch, Google amosou diferentes exemplos de funcionamento, cunha interface de tarxetas Google Now que se adaptan a pantallas de diferentes formas e tamaños. As opcións van desde algo tan obvio como consultar as notificacións das aplicacións a facer buscas en Google ou tramitar o pedido da comida a domicilio.

pizza

Pero o mellor de todo é que non será necesario instalar aplicacións específicas, posto que as que teñamos do móbil poderanse activar no dispositivo con Android Wear, o que sen dúbida é un grande avance en canto a comodidade. Así mesmo, e nesta mesma liña de facer as cousas sinxelas para os usuarios, o dispositivos con Android Wear servirannos para desbloquear os smartphones ou Chromebooks cando os teñamos preto.

Desde hoxe mesmo, os desenvolvedores terán dispoñíbel o SDK completo para descargar e traballar con el.

Sobre o autor

No Responses

Reply