A familia Woxter segue medrando o Zielo Q26

Q26-frontal-362x600

Woxter vén de presentar o Zielo Q26, o último membro da súa familia de smarphones que chegará ás tendas a partir de mañá, 26 de xuño. Neste novo trebello apostaron por unha pantalla de 5 polgadas, tamaño que se está a converter nun estándar para os usuarios máis activos.

O resto de especificacións pasan por un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, aínda que poderán ser ampliados mediante microSD de até 64 GB. A súa cámara principal é unha CMOS de 8 megapíxeles con flash LED. Vén con radio FM, Bluetooth 4.0 e espazo para dúas SIM. En canto a sistema operativo, vén con Android 4.3, aínda que será actualizado, imaxinamos que cando menos a Android 4.4 KitKat.

Ten un PVP de 179 €, un prezo que o sitúa como unha boa opción da gama media. Hai que engadir que Woxter dispón dun servizo postventa Premium durante dous anos, tempo no que garanten a solución de calquera problema co terminal en 48 horas ou menos.

Sobre o autor

Reply