Chromecast mellora as súas prestacións con mirroring e cast desde distintas WiFis

chromecast

Como sabedes, o Chromecast é un trebello ao cal, unha vez o temos conectado ao noso televisor, podemos enviar contido multimedia para ser reproducido desde practicamente calquera outro terminal ou ordenador conectado á mesma rede WiFi.

O Google I/O serviu para que se presentasen novidades que chegarán moi axiña cunha actualización, entre as que destaca o mirroring desde os nosos Android, co que poderemos compartir a pantalla dos nosos teléfonos ou tablets na televisión. Mais esta non será o único cambio, xa que a nova versión de software multiplicará as posibilidades ao non ter que estar conectados á mesma rede WiFi para facer cast e permitirá poñer as fotos de Google+ como fondo de pantalla.

O Chromecast é compatíbel cunha rea de apps e pódese mercar por 35 € na Play Store.

Sobre o autor

2 Comments

  1. xabre 26 Xuño, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 26 Xuño, 2014 Responder

Reply