EverythingMe Launcher, un launcher diferente que che axuda a organizar o día

Cada día atopamos na Play Store intersantes propostas para personalizar o noso terminal e estes días probamos un laucher chamado EverythingMe Laucher, que pode ser unha delas.

Tras unha breve configuración logo da instalación da app (país, que carpetas queremos crear,..) como podemos ver na seguinte captura…

2014-06-18-16-33-30

2014-06-18-16-34-03

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

… chegamos á pantalla principal dun xeito bastante organizado para non ter máis que comezar a usar este laucher.

2014-06-18-16-44-52

Se cadra, non é o laucher máis personalizábel (en canto a opcións de efectos, iconas, transicións,…) que podemos atopar, pero non xoga nesa liga. EverthingMe aposta por ser outro tipo de laucher, un máis intelixente que nos fai suxerencias en función das nosas preferencias.

Por exemplo, na anterior captura vemos a liña de iconas que comeza por “Mi día”, pois ben, esas 4 aplicacións forman parte dunha barra intelixente que podemos configurar de tal xeito que cando espertamos pola mañá o laucher amósanos aplicacións relacionadas coas novas do día, ou redes socias para enterarnos das últimas novidades, e cando chegamos ao traballo podemos ter configurado o launcher para que nos amose aplicacións relacionadas con utilidades tipo Google Drive ou Dropbox, por exemplo.

Ademáis tamén queremos destacar a morea de suxerencias que nos ensina o launcher cando entramos nun cartafol.

2014-06-18-16-35-41

Como vemos na captura o primeiro que atopamos son as aplicacións que temos instaladas relacionadas con esa categoría, no noso caso non tiñamos xogos, máis aparécenos a Play Store e a maiores o propio launcher fainos suxerencias de que aplicacións podemos descargar.

A continuación podemos ler “más de la web” que nos serve para acceder a maís xogos fóra da play store ou mesmo webs para xogar online. Parécenos unha aposta que pode resultar interesante para moitos usuarios.

Tamén temos que dicir que atopamos dúas cousas que non nos gustaron moito deste launcher cando o probamos nun LG G2 (non sabemos polo tanto, se ocorre noutros terminais):

  • A primeira é que se imos aos axustes, o laucher vólveos a organizar nunha única listaxe ao máis puro estilo Android 2.3 e non por categorías como xa fan as últimas versións do sistema operativo.

2014-06-18-17-05-39

  • A segunda é que non podemos apagar a pantalla coa doble pulsación que puxo de moda LG o ano pasado, algo moi moi útil que cando te acostumas. Pensamos que é un dos mellores xestos incorporados á Android nos últimos anos.

Polo demáis é un launcher que funciona ben, vai fluído e sen lags que aporta algo diferente ás capas de personalizacións ás que estamos afeitos. E vós, sodes de probar lauchers alternativos ou prefeides usar o terminal tal e como sae da fábrica?

Temos EverythingMe Launcher na Play Store totalemente de balde e dispoñible para versións de Android 4.0 ICS e superiores.

Sobre o autor

Reply