Vodafone presenta dous novos smartphones 4G de marca propia

vodafone

Vodafone vén de anunciar o lanzamento de dous novos smartphones de marca propia con tecnoloxía 4G e NFC, orientados aos clientes que queren disfrutar das velocidades que ofrecen as redes LTE e poder facer pagamentos sen contacto a través de Vodafone Wallet. Son o Smart 4 Power e Smart 4 Turbo.

vodafone 2

O Vodafone Smart 4 Power é o dispositivo de gama superior. Incorpora unha pantalla de 5 polgadas qHD IPS, procesador de catro núcleos a 1,3 GHz e batería de 3000 mAh. Pola súa banda, o Vodafone Smart 4 Turbo, o dispositivo máis asequíbel de todo o catálogo de móbiles 4G que ofrece Vodafone, vén con procesador de catro núcelos a 1,2 GHz e pantalla de 4,5 polgadas.

Ambos os dous veñen con Android 4.4 KitKat, practicamente limpo, agás por unha serie de aplicacións preinstaladas pola operadora para desfrutar dos seus servizos.

Tras estas incorporacións, o catálogo de dispositivos de marca branca de Vodafone queda como segue:

   SMART 4 MINI SMART 4 SMART 4 TURBO SMART 4 POWER
Pantalla 4” WVGA (TN) 4,5” FWVGA (TN) 4,5” FWVGA (TN) 5” qHD (IPS)
Plataforma Android 4.2.2 Android 4.4 Android 4.4 Android 4.4
Velocidade 21,1/5,7 Mbps 21,1/5,7Mbps 150/50 Mbps 150/50 Mbps
Procesador 1,3 Ghz 2 núcleos 1,2Ghz 2 núcleos 1,2 Ghz 4 núcleos 1,3 Ghz 4 núcleos
RAM 512 MB 512 MB 1GB 1GB
ROM 4GB + MicroSD 4GB + MicroSD 4GB + MicroSD 4GB + MicroSD
Cámara 3,2MP FF 5MP AF con flash 5MP AF con flash 5MP AF con flash
Batería 1400 mAh 1880 mAh 1880 mAh 3000 mAh
Dimensións 121,6×64,4×12,3mm 134,7x66x10,6mm 134,5×67,5×10,4mm 141×71,4×9,5mm
NFC NO SI SI SI
Cores Branco Negro Branco Negro
Prezo e cota/mes 0€ + 11€ Base GB  0€ + 11€ Base GB  0€ + 26€ Smart M  0€ + 28€ Smart M 
 Prezo sen 

Permanencia

79€ 99€ 129€  179€ 

Sobre o autor

Reply