Wolder multiplica as posibilidades con oito novas tablets

Tablet_Wolder_ColeccionTabletsVerano2014 ok

Wolder vén de anunciar o lanzamento de oito novas tablets, multiplicando as posibilidades de escolla dos usuarios de cara a campaña de verán. Os novos dispositivos van desde as 7 até as 10.1 polgadas e xa están dispoñíbeis nos puntos de venda habituais.

Entre os dispositivos máis pequenos, de 7 e 7.9 polgadas temos a miTab LINK, miTab LIVE e miTab FEEL. A primeira vén cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz e 4 GB de memoria RAM e está dispoñíbel por 59 €. miTAB LIVE, á venda por 89 euros, incorpora unha pantalla HD con formato 4:3, procesador dual core a 1,5 GHz e 8 GB. Finalmente, miTab FELL dispón dunha pantalla HD IPS, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz e 8 GB de memoria interna. O seu PVP é de 119 euros.

Subindo de tamaño, entre as 9 e 9,7 polgadas atopamos tres modelos: miTab LIKE, miTab FOLLOW e miTab ADVANCE. A primeira ten un procesador dual core a 1,5 GHz, procesador gráfico 3D dual core e 8 GB de memoira interna. Custa 89 euros. miTab FOLLOW vén con procesdor quad core a 1,2 GHz e 8 GB de memoria, mentres que o seu PVP é de 139 euros. A miTab ADVANCE é a aposta de Wolder nesta categoría, cunha pantalla IPS Ultra Eye (2048 x 1536), procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 GB de RAM, 32 GB de memoria interna e un PVP de 229 euros.

Finalmente, nas 10.1 polgadas temos miTab THINK e miTab EVOLUTION W2. A primeira destaca polo seu procesador quad core a 1,2 GHz e procesador gráfico octa core, ademais de pola súa pantalla HD con formato 16:9. Pola súa banda, miTab EVOLUTION W2 chama a tención polo seu teclado incorporado e vén con procesador quadcore a 1,5 GHz. Os seus prezos son 109 e 179 euros, respectivamente.

Todas elas veñen con Android 4.4 Kitkat completamente limpo desde o seu lanzamento.

Sobre o autor

No Responses

Reply