Aprende a facer un bo café con Baristame

Fai pouco achegámosvos unha aplicación para facer combiandos, e hoxe queremos amosarvos unha app semellante pero para preparar toda clase de cafés chamada Baristame – Coffee Guide.

Está aplicación é unha completa guía coa que podemos aprender tanto teoría relacionada cos tipos de cafés (americano, latte,…) ou cos ingredientes (tipos de gran, tipos de tostado, países,…) como o xeito no que misturalos para preparar un bo café.

2014-07-04-13-08-482014-07-04-13-08-38

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como non pode ser doutro xeito, a aplicación ensínanos como preparar paso a pasa unha morea de cafés. Como vemos nas seguintes capturas comezamos por ver cantos gramos precisamos (para isto podemos mover a barra adjustments que vemos para preparar máis ou menos cantidade), pasamos por ver a orde na que misturar os ingredientes e rematamos por coñecer o tempo que precisa a receita.

2014-07-04-14-14-33

2014-07-04-13-12-04

2014-07-04-13-12-33

2014-07-04-13-12-50

Ademáis queremos engadir que, malia ser unha aplicación que basicamente é unha base de datos moi completa na que podemos consultar unha serie de información pre-cargada, non é unha app que ocupe moito espazo cando a instalamos. Como podedes ver na captura, non chega nin a 8 megas e pensamos que é un punto a prol desta app.

2014-07-04-13-15-31

Gústavos tanto o café como para ter unha aplicación coma Baristame – Coffee Guide no voso terminal? Podedes descargala en dúas versións, gratis con publicidade ou na  súa versión proo (0,76€) desde a Play Store.

About The Author

Reply