A nova xeración de minidrones de Parrot chegará ás nosas tendas en setembro

Como bos frikiños que somos, encántanos calquera xoguete ou gadget que poida sacar máis partido aos nosos smartphones ou tablets Android. E os novos MiniDrones de Parrot non ían ser menos. Falamos do Rolling Spider e o Jumping Sumo, dous dispositivos que foron presentados no CES de Las Vegas e que por fin se anuncian no noso País.

ParrotRollingSpider_RED_BottomView_Wheels_Sticker_low

O Rolling Spider é un drone voador compacto e áxil, capaz de voar tanto en interior como en exterior, así como tamén facer pinchacarneiros ou rodar por paredes e teitos grazas ás súas rodas extraíbeis.

Por outra banda, o Jumping Sumo é un xoguete capaz de acadar bastante velocidade nas súas grandes rodas, coas que pode facer círculos, zigzaguear e saltar  até 80 cm. Nin tan mal, ou?

ParrotJumpingSumo_WHITE_3-4_Run_Open_Sticker_Low

O Jumping Sumo ten ademais unha cámara coa que poder gravar ou ver en directo no noso smartphone por onde anda. A súa batería promete 20 minutos de xogos, fronte aos 8 do minidrone voador.

Ambos os dous estarán dispoñíbeis en setembro e poderanse mercar en Media Markt, El Corte Inglés, Fnac, Toys ‘R us, Worten, Amazon, Crystal Media, Juguetrónica e K-Tuin. O Rolling Spider ten un PVP de 99 euros; o Jumping Sumo, 159 €.

Sobre o autor

Reply