Google prepara unha actualización da Play Store con interface Material Design

nexusae0_wm_4

No pasado I/O Google desvelou Material Design, as liñas mestras do novo deseño que a compañía está a introducir de cara a chegada oficial de Android L, prevista para o outono. Porén, pouco a pouco imos vendo como algunhas aplicacións vanse adaptando a esta nova estética, como pasou con  Drive e Google+ tras as últimas actualizacións.

capturas play store

Segundo apuntan unhas capturas filtradas a propia Play Store estaríase preparando para recibir un importante lavado de cara, mellorando notabelmente a súa interface grazas ao uso de imaxes máis grandes e novas combinacións de cores máis atractivas.

Que vos parecen estes cambios?

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply