Samsung patenta un stylus que funciona con ultrasons de cara a renovación do S Pen

samsung s pen

O stylus intelixente S Pen que incorpora a gama Galaxy Note de Samsung é toda unha marca de identidade do fabricante coreano, que atendendo a unha nova patente podería mellorar de cara ao Galaxy Note IV previsto para o mes de setembro.

samsung s pen 2

Segundo se desprende desta patente, Samsung está a traballar nunha tecnoloxía para os stylus que funciona grazas aos ultrasons, o que permite deseñar smartphones e tablets máis delgados, xa que se podería eliminar a capa capacitiva da pantalla necesaria para que funcione o sensor.

A detección do punteiro faríase por triangulación entre tres sensores situados en diferentes puntos do terminal, conseguindo ser moito máis preciso e funcional, mesmo sobre superficies curvas.

Aínda que Samsung non confirmou nada, a nova xeración de Galaxy Note podería chegar durante a IFA de Berlín, prevista para comezos de setembro.

Vía

Sobre o autor

Reply