[PECHADO] Sorteamos un Moto E con dúas carcasas polo noso cuarto aniversario

moto e

O pasado 1 de xullo cumprimos catro anos e para celebralo con todas e todos vós poñemos en marcha este concurso co que podedes ganar un fantástico Motorola Moto E con dúas carcasas intercambiábeis, valorado en 119 euros.

O Motorola Moto E é un dispositivo sinxelo e completo que conta cunha das mellores relacións calidade prezo do mercado e incorpora unha política de actualizacións á altura dos dispositivos Nexus. Vén cunha pantalla de 4,3 polgadas e resolución 540 x 960 píxeles (256 ppi), procesador SnapDragon 200 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 4 GB de memoria interna ampliábeis con tarxetas microSD de até 32 GB. A súa cámara é de 5 megapíxeles e a batería de 1980 mAh.

Que tes que facer para gañalo?

O sorteo facémolo por Twitter, Facebook e Google+. Podedes participar en todas as redes sociais, gañando unha participación por cada unha delas, até un máximo de tres. A continuación dicímosvos que tedes que facer en cada unha delas, aínda que tamén deberedes cumplimentar o formulario que ligamos máis adiante.

Para participar en Twitter:

  1. Seguir a conta do blog: @mallandroid.
  2. Poñer o seguinte tweet: Quero o #MotoE que sortea @mallandroid polo seu cuarto aniversario. Descubre como conseguilo en http://ir.gl/sorteoMotoE

Para participar no Facebook:

  1. Dárlle a ‘Gústame’ na páxina do blog: Mallando no Android.
  2. Compartir no voso Facebook este artigo (directamente co botón que tedes á dereita destas liñas).

Para participar no Google+:

  1. Ter nun círculo e facer +1 á páxina do blog: Mallando no Android.
  2. Compartir no voso Google+ este artigo (directamente co botón que tedes á dereita destas liñas)

[PECHADO] MOI IMPORTANTE: Cubrir os vosos datos neste formulario.

Regras e condicións.

  1. O concurso limítase xeograficamente a todo o territorio do Estado español.
  2. O concurso remata o domingo 20 de xullo ás 23.59h.
  3. O luns 21 de xullo á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa(s) participación(s) asociadas a cada un. Haberá de prazo até as 17h dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  4. A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do luns 21 de xullo” MOD “número de participacións”.
  5. Os gastos de envío corren a cargo dos organizadores.
  6. Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non ter resposta nos 3 días posteriores á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  7. Calquera circunstancia que puidera xurdir e non estar considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
  8. A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.

Sobre o autor

3 Comments

  1. @SergioDosil 14 Xullo, 2014 Responder
    • Orlando mutis 21 Xullo, 2014 Responder
  2. ines diaz g 20 Xullo, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a Orlando mutis Cancelar a resposta