LG KizON, o wearable para os máis cativos

lg kizON

LG está a traballar arreo por vestir os nosos pulsos de tecnoloxía, non en ván, xa están á venda o LG G Watch con Android Wear e a LG Lifeband Touch, un gadget máis orientado á práctica deportiva. Mais en Corea van un paso máis aló cun dispositivo pensado para os máis cativos, o LG KizON.

O trebello fai ás veces de localizador, permitindo aos pais saber en todo momento onde están os pícaros grazas á combinación dos sinais GPS e das conectividades 3G e WiFi. Así mesmo, incorpora un único botón que se pode configurar para que o dispositivo poida realizar unha chamada a un número configurado.

A ausencia de pantalla limita enormemente as posibilidades do wearable; realmente, o pícaro só pode chamar ao tempo que comparte a súa localización. Pola súa banda, os pais poden monitorizar a actividade a través dunha aplicación dispoñíbel para smartphones con Android 4.1 ou superior.

Agárdase que estea dispoñíbel en Europa a finais de ano en dúas ou tres cores, aínda que polo de agora non sabemos en que marxes de prezos podería andar.

Que vos parece este dispositivos? Credes que é necesario termos aos menores tan controlados?

Sobre o autor

Reply