Samsung fai oficial o Galaxy S5 Mini

Galaxy S5 Mini

A todo Samsung Galaxy S chégalle o seu Galaxy S Mini, e o S5 non ía ser menos. O fabricante coreano responsábel dun dos terminais máis destacados do ano, o Galaxy S5, vén de anunciar o Galaxy S5 Mini, unha versión que recurta características e prezo para os usuarios que non precisan tanto nun móbil.

O novo dispositivo segue incluíndo todo o catálogo de aplicaciónsde entretemento que coñecemos do dispositivo referencial, así como tamén as relacionadas coa saúde, de cara a sacarlle todo o partidoá liña de wearables da compañía, Gear.

Está equipado cunha pantalla Super AMOLED HD de 4,5 polgadas, procesador quadcore de 1,4 GHz, 1,5 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB. As súas cámaras son de 8 e 2,1 megapíxeles e a batería de 2100 mAh. Así mesmo, ten certificación IP67, que o protexe contra auga e pó, sensor de pegada dixital e antena compatíbel coas redes 4G-LTE.

Estará dispoñíbel ao longo do verán en catro cores (negro, branco, azul e dourado).

Sobre o autor

No Responses

Reply