Hoxe ponse á venda Slide, o novo smartphone de Wiko

wiko slide

Wiko pon hoxe á venda o seu novo smartphone, o Wiko Slide, un dispositivo con pantalla IPS de 5,5 polgadas (960 x 540 píxeles, 201 ppi), ranura dual SIM e que vén con Android 4.4 KitKat, a última versión dispoñíbel de Android.

No seu interior incorpora un procesador quad core a 1,3 GHz, acompañado por 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 32 GB. As súa cámara principal é de 8 megapíxeles, con diversas funcións adicionais como detección de sorrisos e HDR, mentres que a frontal queda nos 2 megapíxeles.

O novo Wiko Slide está dispoñíbel desde hoxe por 169 euros en dúas cores, branco e negro.

Sobre o autor

Reply