[Exclusiva]: Así é o Motorola Moto G de segunda xeración (XT 1068)

moto g 2ª xeracion

Tras o éxito da primeira fornada de dispositivos Motorola, do que forman parte o Moto X, Moto G e Moto E, a compañía quere seguir a colleitar éxitos cunha nova remesa de trebellos que empezaremos a ver dentro de moi pouco tempo.

En Mallando no Android vimos de ter acceso en exclusiva ás especificacións do que será o sustituto do Motorola Moto G: será o modelo XT 1068, que ten o nome Moto G 2º xeración.

As especificacións que podemos confirmar son as seguintes:

  • Procesador de catro núcleos ARM V7 (VFPv4 NEON)
  • Adreno 305
  • Resolución de pantalla 1280 x 720 píxeles (320 ppp).
  • Cámara principal de 8 megapíxeles
  • Dual SIM

Agardamos que nas próximas semanas sexa a propia compañía a que nos confirme o resto de especificacións deste novo trebello, que se mantén a relación calidade – prezo do seu predecesor podería ser outro top vendas.

Aproveitando, lembramos que estamos a sortear un Moto E. Podes participar até esta noite.

About The Author

5 Comments

  1. artai 20 Xullo, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 20 Xullo, 2014 Responder
  2. Cellgsmservice 14 Outubro, 2014 Responder
  3. Breixo 27 Novembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 27 Novembro, 2014 Responder

Reply