Até non hai moito tempo, as boas ferramentas para facilitarnos a escritura en galego nos nosos Android limitábanse a Swiftkey, un teclado premium (aínda que hai unhas semanas pasou a ser de balde) con soporte para a nosa lingua. Do mesmo xeito, Google anunciou hai apenas un par de semanas a dispoñibilidade do seu teclado con opción de galego. Porén, co voso feedback e comentarios, puidemos constatar que este non funcionaba correctamente para moitas e moitos de vós: algúns non podíades descargar desde a Play Store e tiñades que facer a instalación desde un mirror, a outros vos funcionaba a escritura xestual e aos máis non vos corrixía as palabras.
Da unión FAZ Cultura e Desenvolvemento, empresa de consultoría vencellada á innovación na cultura, e Cilenis, adicada ao procesamento da linguaxe, ambas spin-off da Universidade de Santiago, chega Teclado Galego, unha alternativa de software libre baseado no teclado AOSP (Android Open Source Project), mais con dicionario da nosa lingua que evita as grallas ortográficas que adoitamos cometer por escribir ás présas.
Non en ván, o dicionario deste teclado está composto por medio millón de entradas e ten arredor de dez mil correccións preditivas. Así mesmo, cómpre destacar a corrección nas formas verbais conxugadas con pronome (ex: díxenlle), das que se inclúen máis de cincuenta mil, froito do traballo realizado previamente no Cilenis Conxugador e cos estudos de lingüística de corpus do Grupo de investigación ProLNat da USC.
O teclado incorpora tamén escritura xestual, o que permite que arrastremos os nosos dedos entre as diferentes letras para conformar as palabras, recurtando os tempos significamente. Así mesmo, conforme o imos usando vai aprendendo os nosos hábitos para facer suxestións de palabras e construírmos frases de xeito máis eficiente.
A instalación e configuración de Teclado Galego é tremendamente sinxela, dispondo dun sistema que nos guía durante todo o proceso. Unha vez que temos todo configurado segundo as instruccións, xa poderemos empregar o teclado normalmente, dańdosenos a posibilidade de mudar entre idiomas (galego, español, inglés e portugués) sempre que queiramos, co simple xesto de presionar a tecla da barra espaciadora.
Podedes descargar Teclado Galego de xeito totalmente gratuíto desde a Play Store. Se queredes máis información sobre o proxecto tamén podedes visitar a súa páxina web.
Polo que estou a ver este proxecto non é de código libre, tan só está baseado no de Android pero eles non han liberado as melloras que lle fixeron ó mesmo…
Estamos traballando niso. Nos próximos días estará liberado.
Un saúdo
O TouchPal Keyboard tamén ten diccionario en galego, eu é o que uso
Unha pregunta: cando quero activar este teclado recibo unha mensaxe que di que o Teclado galego rexistra todo o que escribo, incluíndo contrasinais e número de tarxetas de crédito.Que opinades? É seguro utilizar esta aplicación?
Ola Ana!
Esa mensaxe é xenérica de Google e sae cada vez que se instala un teclado diferente ao predefinido, xa que ao estar feito por terceiros non queren coller os dedos, poñendo no usuarios a decisión de usalo ou non baixo a súa responsabilidade.
As empresas encargadas do desenvolvemento de Teclado Galego asegura que non gardan absolutamente nada do que escribimos, polo que é totalmente seguro (de non facelo, estarían comentendo un delito).
Podes usalo tranquilamente 🙂
Pois non sei que pasa co meu teléfono. Pero este teclado só me sae en español. Non podo cambiar o idioma a galego, porque non aparece como opción, e as palabras suxeridas son españolas… pasareime ao de Google en portugués outra vez!
Iso debe ser que non o seleccionaches. Presionando longo na barra espeaciadora non che dá opción de galego? A nós sáenos a escoller…
Non, a barra espaciadora non pon nada.
Mandámosche por mail 🙂
Perdón, corrixo, sae Español, e cando presiono só me dá opción a cambiar aos outros teclados, e o Teclado galego só aparece coa opción Español.
Acabamos de mandarche un correo explicando o tema. Cóntanos como che vai 🙂
Moitas grazas!!!
Pois a verdade é que é unha boa cousa esta apliación. É certo que agora o teclado de Google inclúe o galego coma lingua, pero non ten dicionario, polo que non serve para nada. Probareina a ver que tal funciona, porque ter ten boa pinta.
P.D: Descubrín o voso blog hoxe mesmo e a verdade é que me parece moi interesante. Bo traballo!
Graciñas polo comentario Guillermo 🙂
Pódesnos atopar tamén no Twitter @mallandroid ou en Facebook e Google+ buscando a páxina “Mallando no Android”
A aplicación ten moi boa pinta, mais coido que coma outras persoas non podo empregala… Nos ‘input languages’ do meu Android non aparece o galego como opción. Nin para o teclado de Google nin para ningún…
Alguna idea de como podo instalar o paquete de idioma?
(Teño un Huawei con Android 4.1.1)
Boas!
Non tes que buscar neses input languages, senón premendo durant un tempo sobre a barra espaciadora do teclado. Proba iso e coméntanos 🙂
Un saúdo
Cando pulso a barra dame a escoller entre os ‘input methods’ (teño o móvil en inglés) que son o teclado android, o huawei e outros… Entre os idiomas do teclado galego escollo entre inglés ou español porque son os que teño seleccionados, porque o idioma galego non o teño no móvil.. 🙁
Aí reside o problema..
Graciñas!
Ummm, é raro eh. Porque case ningún teléfono ten o galego como idioma. Proba a desinstalar o teclado galego e volver a instalar seguindo as instruccións:
1. Baixar app
2. Abrir app
3. Habilitar Teclado galego (paso 1 de 3)
4. Cambiar a Teclado galego (paso 2 de 3)
5. Activar Galego e outros idiomas (paso 3 de 3): desactiva “usar idioma de sistema e escolle o galego e outros que queiras / vaias usar. Para gardar, botón trás.
6. Preme “listo”
—
7. Vai a algunha app que poidas escribir
8. Preme uns segundos na barra espaciadora: selecciona galego
9. Xa está configurado
Ola de novo!
Xa tentara o que dis, mais volvín facelo e nada…
Instalei o SwiftKey e escollín galego, vou ver se se pode “exportar” o idioma a outras aplicacións…
Moitas grazas!
O reiniciar o móbil perdense os axustes que previamente configuramos en “Idioma y entrada de texto”.
Ola Iago,
A min pasa-me o mesmo q a leite. Teño un Huawei G510 con Android 4.1.1, e cando premio na barra espaciadora, só aparecen español, catalán e inglés (EE.UU.). Xa repetín 2 veces as túas indicaciones e nada. Incluso probei a gardar a aplicación tanto no móvil coma na tarxeta de memoria.
Hai solución? 😉
Boas Lois,
Se xa fixeches o que comentei na resposta a Leite, non che sabería dicir que podes facer para que che funcione 🙁 Podes probar a escribir ao correo que figura de soporte do teclado, teclado(at)fazconsultora(punto)com e comentarlles a ver que pode estar pasando.
Se prefires probar con outro teclado que tamén teña soporte para a nosa lingua, como xa facía antes, recomendo SwiftKey https://play.google.com/store/apps/details?id=com.touchtype.swiftkey&hl=es
Un saúdo!