Teclado Galego, software libre do País para escribir na nosa lingua

teclado galego portada

Até non hai moito tempo, as boas ferramentas para facilitarnos a escritura en galego nos nosos Android limitábanse a Swiftkey, un teclado premium (aínda que hai unhas semanas pasou a ser de balde) con soporte para a nosa lingua. Do mesmo xeito, Google anunciou hai apenas un par de semanas a dispoñibilidade do seu teclado con opción de galego. Porén, co voso feedback e comentarios, puidemos constatar que este non funcionaba correctamente para moitas e moitos de vós: algúns non podíades descargar desde a Play Store e tiñades que facer a instalación desde un mirror, a outros vos funcionaba a escritura xestual e aos máis non vos corrixía as palabras.

Da unión FAZ Cultura e Desenvolvemento, empresa de consultoría vencellada á innovación na cultura, e Cilenis, adicada ao procesamento da linguaxe, ambas spin-off da Universidade de Santiago, chega Teclado Galego, unha alternativa de software libre baseado no teclado AOSP (Android Open Source Project), mais con dicionario da nosa lingua que evita as grallas ortográficas que adoitamos cometer por escribir ás présas.

Non en ván, o dicionario deste teclado está composto por medio millón de entradas e ten arredor de dez mil correccións preditivas. Así mesmo, cómpre destacar a corrección nas formas verbais conxugadas con pronome (ex: díxenlle), das que se inclúen máis de cincuenta mil, froito do traballo realizado previamente no Cilenis Conxugador e cos estudos de lingüística de corpus do Grupo de investigación ProLNat da USC.

O teclado incorpora tamén escritura xestual, o que permite que arrastremos os nosos dedos entre as diferentes letras para conformar as palabras, recurtando os tempos significamente. Así mesmo, conforme o imos usando vai aprendendo os nosos hábitos para facer suxestións de palabras e construírmos frases de xeito máis eficiente.

teclado galego

A instalación e configuración de Teclado Galego é tremendamente sinxela, dispondo dun sistema que nos guía durante todo o proceso. Unha vez que temos todo configurado segundo as instruccións, xa poderemos empregar o teclado normalmente, dańdosenos a posibilidade de mudar entre idiomas (galego, español, inglés e portugués) sempre que queiramos, co simple xesto de presionar a tecla da barra espaciadora.

teclado galego android

Podedes descargar Teclado Galego de xeito totalmente gratuíto desde a Play Store. Se queredes máis información sobre o proxecto tamén podedes visitar a súa páxina web.

Sobre o autor

22 Comments

  1. Ismael Reyes 21 Xullo, 2014 Responder
    • Teclado Galego 23 Xullo, 2014 Responder
  2. HarakiriSamurai 21 Xullo, 2014 Responder
  3. Ana 22 Xullo, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 22 Xullo, 2014 Responder
      • Ana 22 Xullo, 2014 Responder
        • Iago Varela Martínez 22 Xullo, 2014 Responder
          • Ana 22 Xullo, 2014 Responder
          • Iago Varela Martínez 22 Xullo, 2014 Responder
          • Ana 22 Xullo, 2014 Responder
          • Iago Varela Martínez 22 Xullo, 2014 Responder
  4. Ana 22 Xullo, 2014 Responder
  5. Guillermo 27 Agosto, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 27 Agosto, 2014 Responder
  6. leite 2 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 2 Outubro, 2014 Responder
  7. leite 3 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 3 Outubro, 2014 Responder
      • leite 5 Outubro, 2014 Responder
  8. Javier 8 Outubro, 2014 Responder
  9. Lois 25 Novembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 25 Novembro, 2014 Responder

Reply