Xiaomi MiBand, a pulseira cuantificadora con 30 días de autonomía

xiaomi miband

Na presentación do novo Xiaomi Mi4 houbo o famoso one more thing que caracterizaba as keynotes do defunto Jobs. Neste caso, a compañía chinesa deu a coñecer un wearable en forma de pulseira, que se suma a unha longa lista de dispositivos semellantes que temos no mercado.

xiaomi miband cores

O que fai especial á nova Xiaomi MiBand é sobre todo a súa batería, que lle achega até 30 días de autonomía, aínda que a explicación a isto atopámola na ausencia de pantalla. Polo demais, realiza as funcións básicas destes trebellos, como cuantificar a actividade física, control de sono ou notificación por vibración dos avisos que teñamos no móbil.

xiaomi miband deseño

A Xiaomi MiBand ten un prezo moi apetecíbel, apenas 10 euros, estando dispoñíbeis en dous deseños, un máis colorido e informal e outro… digamos de vestir. Cal vos gusta máis?

Vía

About The Author

Reply