Chega a nova versión da Play Store con Material Design

google play material

Hai unhas semanas comentámosvos que a Play Store recibiría unha actualización para incluír Material Design, un lavado de cara estético que mellora notabelmente a experiencia de usuario.

Desta vez non houbo que agardar moito e a actualización xa foi liberada, polo que é cuestión de horas (días como moito) que todos os nosos Androides reciban xa este cambio de look. En calquera caso, se non queredes agardar, podedes descargar este ficheiro apk e instalalo manualmente.

Gústavos máis esta nova versión que a anterior?

Vía

Sobre o autor

Reply