Sony lanza un Walkman adaptado aos novos tempos

sony walkman

Co gallo da celebración do 35 aniversario do Walkman, Sony lanza un novo reprodutor musical de aire retro, mais adaptado aos novos tempos. Porén, a diferenza do Walkman orixinal, o NWZ-ZX1 (así é o seu nome comercial) só valerá para os petos máis abultados, pois véndese por 550 euros.

sony walkman lateral

Malia non reproducir cintas de cassette (tremenda decepción), o novo Walkman incorpora unha memoria interna de 128 GB para que poidamos disfrutar de millerios de cancións, aínda que a compañía prefire indicar que neles caben até 60 álbumes en alta calidade e sen compresión. A listaxe completa de formatos aceptados inclúe MP3, WMA, ATRAC, ATRAC Advanced Lossless, WAV, AAC, HE-AAC, FLAC (192 KHz / 24 bit), Apple Lossless e AIFF

sony walkman inferior

En canto a deseño, está elaborado en aluminio e dispón de conector 3.5 mm encastrado nun cilindro que aseguran axuda a mellorar o son. Nos laterais quedan os botóns de control de volume e reprodución; xa na parte frontal temos a pantalla de 4 polgadas (854 x 480 píxeles). O sistema operativo empregado é Android 4.1 Jelly Bean sen moita personalización.

Que vos parece este novo dispositivo? Mercaríades algo así ou preferides un teléfono máis completo que faga todo?

Vía

Sobre o autor

Reply