Vuzix alíase con Lenovo para comercializar os lentes intelixentes M100

vuzix m100 iago varela

Durante o pasado Mobile World Congress puidemos ter un primeiro achegamento ás Vuzix M100, uns lentes intelixentes que queren facerse oco nunha nova liña de produto liderada por Google coas súas Google Glass.

O fabricante responsábel das M100 vén de asinar un acordo con Lenovo (unha das empresas líderes no sector dos computadores e actual dona da exitosa Motorola) para lanzar estes lentes intelixentes baixo a súa marca na China, como primeiro paso para a súa expansión por Europa, onde teñen previsto comercializar varios modelos deste tipo de trebellos.

As Lenovo Vuzix M100 contan cunha pantalla WQVGA con proporción 16:9 que ofrece unha sensación de estar mirando un panel de 4 polgadas a 14 centímetros. Teñen ademais un procesador de 1 GHz, 1 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna e unha cámara de 5 megapíxeles. Pódense mercar por 999 dólares, uns 720 euros ao cambio.

 

Sobre o autor

Reply