O Samsung Galaxy S5 Mini pódese mercar desde hoxe no noso País

Galaxy S5 Mini

 

A mediados de mes Samsung fixo oficial o Galaxy S5 Mini, o irmao pequeno do seu buque insignia, o Galaxy S5, un dispositivo que incorpora unha pantalla SuperAMOLED HD de 4,5 polgadas, procesador de 1,4 GHz, 1,5 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB.

Completan as especificacións do novo trebello de gama medio-alta de Samsung unhas cámaras  de 8 e 2,1 megapíxeles, 2100 mAh de batería, certificación IP67, presenza de sensor de pegada dixital e compatibilidade coas redes 4G.

Podemos mercar o novo Samsung Galaxy S5 Mini desde hoxe por 449 €, estando dispoñíbel en catro cores: branco, negro, azul e dourado.

Deixa un Comentario