Kartoon Crazy Racing, un xogo galego para desfrutar este verán

Hoxe queremos compartir con vós un xogo made-in-Galiza chamado Kartoon Crazy Racing deseñando pola firma galega Iberian Games Publisher. Este xogo segue o estilo tan marcado como é o Mario Kart, símbolo dunha época. É un xogo entretido cun deseño divertido e que se configura dun xeito moi sinxelo.

2014-07-22-17-46-52

Podemos xogar campionatos ou en modo multixogador para facer o xogo máis entretido. Ademáis entre as opcións presentes queremos destacar que podemos xogar usando botóns na pantalla ou empregando o acelerómetro do noso terminal.

2014-07-22-18-04-43

En canto teñamos o xogo configurado ao noso gusto, o coche e personaxe elixido para xogar só queda comezar a desfrutar do Kartoon Crazy Racing.

2014-07-22-18-05-33

Durante o xogo, no medio da pista aparecen globos sorpresa para ter obxetos cos que facerlle a puñeta aos nosos rivais. Podemos usar un remuíño para evitar o avence dos outros, ou empregar unha caixa bomba ou lanzar un caldeiro de pintura e deste xeito, se non imos moi ben, poder avanzar algún posto.

E a vós gústavos este tipo de xogos?

Podedes descargar Kartoon Crazy Racing de xeito totalmente gratuíto desde a Google Play Store.

Deixa un Comentario