Un repaso polos móbiles Android máis raros que se fabricaron (e II)

Antonte publicamos a primeira parte desta miniserie adicada aos terminais Android máis extranos que se teñen comercializado, un espazo que pechamos hoxe logo de amosarvos cinco novos dispositivos dignos de aparecer nas vitrinas dos museos.

Motorola HS1001.

Esta unidade presentada por Motorola no ano 2010 non é un smartphone en si, senon a aposta para introducir un teléfono inarámico Android nos nosos fogares. Podemos dicir que é un telefono estandar que conta cunha pantalla táctil coa que sacar o máximo rendemento ao dispositivo.

motorola-hs1001

Como característica principal queremos destacar a súa conexión WiFidobre, unha para conectarse á base e outra para Internet e poder navegar. Neste vídeo podedes ver unha aproximación máis polo miúdo. En canto ao prezo, resultaba moi atractivo xa que custaba unhos 99€.

Motorola Flipout.

Malia ter sido un dispositivo raruno é o que máis se viu polas rúas. Trátase dun trebello co que Motorola sorprendeu a moitos, xa que era totalmente cadrado e contaba cunha pantalla deslizante tras a que se agochaba o teclado qwerty. Foi presentado no 2010.

Motorola-Flipout-01

O terminal destaca tanto polo seu deseño cadrado no que a súa pantalla é de 2,8″ (facendo que este gadget sexa moi compacto) como como polo sistema operativo, moi modificado para adaptalo mellor á singular pantalla cadrada. O prezo deste smartphone, que aínda o podemos atopar hoxe, é duns 180€ e neste vídeo podedes atopar unha interesante review do dispositivo.

Motorola Backflip.

Seguimos con Motorola, seguimos no 2010 e seguimos cun dispositivo con teclado físcio como método de escritura en Android. Desta volta a forma é máis clásica, rectángular con teclado querty.

motorola-backflip

Un dos puntos a destacar este terminal era o seu trackpad que atopamos detrás da pantalla e que queda ao descuberto cando temos o teclado despregado. Este trackpad axúdamos moito a movernos polo sistema operativo cando suxetamos o smartphone coas dúas mans.

Neste vídeo, podedes ver unha demostracións de como funciona este smartphone.

Agora é o memento de dous gadgets máis próximos aos nosos días que se cadra lembramos mellor. Son o Sony Tablet P e o Samsung Galaxy Beam.

Sony Tablet P.

Sony_Tablet_P_S2

Este dispositivo lémbranos moito ao deseño da xa mítica Nintendo DS, xa que é un terminal compacto, que cando o abrimos atopamos unha dobrepantalla que en conxunto forma unha única pantalla de 5,5″ pero se cadra o máis destacado e que ademáis de combinadas as pantallas poden funcionar por separado.

Este gadget ten un deseño moi coidado xa que as liñas redondeadas cando está pechado fan que sexa unha tablet moi atractiva. Tamén temos que destacar que non é unha tablet cun prezo axustado, xa que custaba ao redor de 600€ no momento do seu lanzamento.

Sony Tablet P 4-580-90

Esta ligazón podedes acceder á web oficial do producto, e nestoutra podedes ver un vídeo de como funciona.

Samsung Galaxy Beam.

GALAXY-beam-Product-Image-7

Para rematar este repaso polos terminais máis diferentes do ecosistema Android temos que lembrar o Galaxy Beam, unha arriscada aposta por parte de Samsung, xa que lle engadiu un pequeno proxector que, segundo Samsung, pode permitir visualizar contido cun tamaño de de até 50″.

Neste vídeo amósase o seu funcionamento, que seguramente teña senso para usuarios do mundo empresarial.

Con este post rematamos un pequeno achegamento a dispositivos singulares que empregan Android, aínda que estamos abertos a seguir ampliando a listaxe coas vosas achegas, que podedes comentarnos polas canles habituais de contacto, como fixo Ismael Reyes, quen nos axudou na elaboración desta serie.

Que vos parecen estes trebellos? Arriscaríades mercando un deles ou sodes máis clásicos?

One Response

  1. xhadrian 1 Agosto, 2014 Responder

Deixa un Comentario