Google Now Launcher, agora dispoñíbel para todos os Android 4.1+

En ocasións as capas de personalización que introducen os diferentes fabricantes non nos convencen por ou ou outro motivo, polo que acabamos escollendo un launcher que mude a apariencia das pantallas do noso smartphone ou tablet por unha que nos guste máis.

google now launcher

O Google Now Launcher é unha opción para quen, sen ter un dispositivo Nexus, queira dispór da súa apariencia, aínda que tamén destaca a súa integración total con Google Now, ao que poderemos acceder simplemente facendo swipe na pantalla cara a esquerda.

Aínda que xa estaba dispoñíbel na Play Store para uns poucos dispositivos, desde onte é compatíbel con todos os Android 4.1 ou superior, así que se estades desexando nexuizar os vosos trebellos podedes descargalo desde a tenda de apps.

2 Comentarios

  1. enfeitizador 3 Agosto, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 3 Agosto, 2014 Responder

Deixa un Comentario