Sogama lanza unha app para axudarnos a reciclar mellor

Hoxe queremos falar dunha aplicación coa que nos pode quedar máis claro como reciclar dun xeito axeitado. Esta aplicación chamada Sogama é unha proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galiza co fin de aumentar o noso compromiso co coidado da natureza.

Na aplicación o primeiro que temos é un menú no que aparecen os diferentes colectores dos que nos podemos atopar nas nosas rúas e a icona dun punto limpo. Prememos, e temos unha completa información do que teriamos que meter dentro.

Screenshot_2014-08-04-16-51-16

Screenshot_2014-08-04-16-51-29

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta parte da app podémola usar a modo de consulta se temos algunha dúbida cando queremos tirar o lixo, pero ademáis ten unha parte máis lúdica xa que tamén conta cun apartado para xogar.

O xogo é sinxelo, contamos con tres vidas (corazóns verdes da parte superior esquerda) que nos permite cometer 3 erros, e a mécanica consiste en que no centro da pantalla aparece un obxeto como pode ser un embase de plástico, una caixa de cartón,… e temos que decidir en que colector meter ese obxeto.

Screenshot_2014-08-04-17-07-36

Se acertamos sumamos puntos e se non, perdemos unha vida. Isto é todo, moi sinxelo e axeitado para os máis cativos da casa para que se vaian afacendo a reciclar.

E vós, xa reciclades ou sodes un pouco descoidados 😉 ?

Podemos atopar a aplicación Sogama neste ligazón á Play Store. É totalmente de balde.

Sobre o autor

No Responses

Reply