Lenovo Vibe Z2 Pro: China quere ir a por todas

As marcas chinesas levan tempo dando moito que falar, aínda que na meirande parte dos casos acaban resultando meros brindis ao sol desde unha perspectiva europea, xa que non resulta doado facerse con algún dos supersmartphones que dan a coñecer, a excepción de Huawei.

Lenovo, actual propietaria de Motorola, vén de anunciar o Vibe Z2 Pro, un dispositivo que acada as 6 polgadas de pantalla con resolución QHD, 2560 x 1440 píxeles, aínda que conservando un deseño estilizado de apenas 7,7 mm de grosor.

lenovo vibe z2 pro

Botando unha ollada ao resto de especificacións atopámonos cun procesador Qualcomm SnapDragon 801 a 2,5 GHz, 3 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna (non ampliábeis) e batería de 4000 mAh. A cámara principal ten un sensor de 16 megapíxeles, que tamén grava vídeo a 4K, con flash dual LED.

Estará dispoñíbel en setembro incorporando Android 4.4 KitKat, e nun primeiro momento está confirmada a súa presenza en Rusia por arredor de 700 euros.

Sobre o autor

Reply