Vive O’Marisquiño desde o teu smartphone coa aplicación oficial

o marisquiño

Esta fin de semana celébrase O’Marisquiño, o evento de cultura urbana que xa é todo un clásico dos veráns vigueses. A cita é sen dúbida unha visita obrigada para disfrutar do mellor BMX, do free style motocross, do break dance e dunha chea de actividades máis repartidas en diferentes ubicacións nos arredores do Casco Vello.

app marisquiño

Este ano O’Marisquiño estrea aplicación para Android, unha ferramenta que destaca pola súa interface limpa e clara e por aportar todo o necesario para disfrutar do evento sen perderse nada. A través dos diferentes apartados podemos acceder ás últimas novas, á axenda completa (organizada por tipo de actividade, por data, por lugar…), á galería fotográfica do hashtag oficial ou ás clasificacións dos diferentes campionatos. Tamén conta cun pequeno mapa para axudar coa situación, algo que será de gran utilidade, sobre todo para que non sexa de Vigo.

Podedes descargar a aplicación oficial de xeito totalmente gratuíto desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply